O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, participou este domingo na tradicional procesión do Corpus Christi.



O mandatario provincial acompañou aos milleiros de veciños e visitantes que acoden cada ano a esta festa na misa solemne celebrada na igrexa parroquial de San Miguel e na procesión do Corpus polas rúas da vila. Unha celebración declarada de Interese Turístico Internacional é que sobresae pola beleza das alfombras florais que confeccionan ano tras ano os veciños de Ponteareas.