A procesión marítima centra a xornada grande das patronais de Burela presidida pola Alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López

A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou este domingo no día grande das Festas Patronais da localidade. Acompañada por deputados e deputadas provinciais, a mandataria asistiu á misa de campaña da nave de redes do porto burelense  e á procesión marítima da Virxe do Carme. Portada polo buque O Cantiño e acompañada pola flota de Burela, esta marcha relixiosa ligada ao mar “é unha expresión da identidade mariñeira da nosa provincia e unha mostra da capacidade dun pobo para manter vivas as súas tradicións”.

Carmela López destacou que a través do Plan Deputación, a institución provincial achega 12.000€ a esta cita “que forman parte do patrimonio cultural inmaterial da provincia e que contribúen a fortalecer a convivencia, o sentimento de pertenza e a dinamización económica da contorna”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios