Previa dos Campionatos Galegos de Loita e Sambo Praia deste sábado en Sanxenxo

Presentamos os Campionatos de Galegos de Praia:

– LOITA PRAIA FEMMININA ABSOLUTA.

– LOITA PRAIA MASCULINO ABSOLUTO.

– LOITA PRAIA FEMININA U17.

– LOITA PRAIA MASCULINO U17.

– SAMBO PRAIA FEMININA ABSOLUTA.

– SAMBO PRAIA MASCULINO ABSOLUTO.

– SAMBO PRAIA FEMININA U17.

– SAMBO PRAIA MASCULINO U17.

Esta competición terá lugar na praia de Silgar o sábado 20 de Xuño en xornada de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.

Os segundos campionatos Galegos, levaranse a cabo sobre dous círculos oficiais de competición de 7 metros de diámetro, para a Loita Praia e Sambo Praia.

Esta competición é moi atractiva, xa que o principal obxectivo é derrubar o adversario e que toque a area con calquera parte do corpo que non sexan as prantas dos pes! O espectáculo está garantido!!!!

Para esta competición temos un total de 150 inscritos nas dúas modalidades, que representarán as 4 provincias, e servirá de plataforma para acceder os campionatos de España.

Este é o segundo CAMPIONATO GALEGO DE LOITA PRAIA e SAMBO PRAIA, da nosa historia, e volverá a ter lugar no Concello de Sanxenxo.

O Colexio Galego de Árbitros estará presente para dirixir os enfrontamentos, e dinamizar a competición.

Todos os afeccionados poderán seguir a competición ONLINE a través da web:

https://www.zenytsports.org/Web/WebNuevaGAL/index.php

O seguimento de esta competición a través das RRSS e da web é moi alto debido o crecente interese da sociedade en este tipo de deportes.

Destacar a presenza das mulleres en esta competición, que xa forman parte de mais do 35 % dos inscritos. Tendo gran relevancia a nivel Galego, a nivel nacional e a nivel internacional.

Agradecer o esforzo do Concello de Sanxenxo, pola implicación en este proxecto, que arranca unha competición histórica para o noso deporte, así como a Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral para o Deporte!!!

Comparte éste artículo
No hay comentarios