10. Por @DulceCorcu

No Camariñas abonda con ver ese número ás costas para saber a quen pertence e, sobre todo, o que significa. Moito máis que un díxito mítico que soen portar xogadores de contrastada calidade e grandeza, algo que en Mario abunda, pero tamén unha marca persoal que os identifica ante o resto do mundo, aínda que sexas nado nunha pequena vila dunha comarca afastada e esquecida ata que chega o verán.

O «10» deixa o niño camariñán por primeira vez desde a súa nenez para voar noutros ceos, cos seus motivos e razóns, pero tamén coa morriña xa instalada nun corazón acostumado ao salitre e á vertixe de xogar sempre no fío da navalla, con poucos recursos e moito labor humano tal coma soe ser iso que chaman fútbol «amateur». Pese a todo, vivía hai dúas tempadas o éxtase de proclamarse campión de Liga da Costa na casa, un título en boa medida logrado grazas ao seu talento, sempre ao servizo desa familia azul da que en non poucos partidos foi portador do braceiro de capitán. Camariñas non perde só un xogador, perde tamén un referente e un ídolo dos que enche bancadas e fanse querer e admirar. Pero é o seu momento, o de soltar amarras porque non sempre o de ser profeta na túa terra é abondo para quedar nela. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios