Xornada. ¿É posíbel un turismo sustentábel?

O desenvolvemento das actividades turísticas en Galicia foi exponencial no decurso das últimas décadas. Salienta nomeadamente o turismo de peregrinación a Compostela, pero tamén o turismo de costa (ultimamente en proceso de parcial substitución a turismo climático) e os de cruceiros que chegan a Ferrol, A Coruña e Vigo, sendo máis cualitativo e menos cuantitativo o desenvolvemento do turismo rural, turismo de natureza ou cultural e turismo de aventura.

Sen dúbida, as dimensións do fenómeno turístico nos últimos anos xeraron procesos sociais que cuestionan abertamente a sostibilidade da enxurrada turística actual e promoven a súa reformulación e mesmo a súa limitación. Este fenómeno é ben visíbel en Compostela, O Morrazo ou A Mariña. Sobre todo, mais non exclusivamente, na tempada do verán. Pola súa banda, Vigo comeza a ter sinais de saturación social na tempada das luces do Nadal. Os debates na axenda mediática, como o dos fodechinchos (verán de 2024), amosan a sensibilización social neste cuestionamento.

En canto á capital da nosa comunidade, Compostela, nunha recente enquisa da USC e da UVigo, o 50 % dos comerciantes locais mostráronse en contra do perfil actual de turismo e o 54,6 % salientaron que a súa clientela era nomeadamente local. O 93% das persoas residentes estaban en contra de dedicar a cidade histórica compostelá exclusivamente ás persoas turistas e case o 32 % preferiría outra clase de turistas, máis respectuosos cos locais e coa cidade.

Velaí que cumpra debatermos que turismo é sostíbel ou mesmo se hai turismo sostíbel. Na primeira parte do programa tres expertas debaterán sobre se existe esta sostibilidade e que tipos de turismo poden ser cualificados como tal, e pechará a xornada unha mesa redonda, coa participación dun empresario do rural, unha alcaldesa dunha vila turística galega —Allariz— e mais unha representante da asociación de veciños do barrio compostelá de San Pedro, o que quizais máis atura o continuo paso de peregrinos do Camiño Francés na tempada alta e nos anos xacobeos.

Abrimos, logo, un debate de moita actualidade, en Galicia e en Europa, dende a consulta e a participación da sociedade, da empresa, das administracións e das persoas expertas.

Programa


9:30 horas

Presentación da xornada

10:00 horas

A mentira do turismo sustentábel

Pau Alonso Monasterio, profesora da Área de Urbanismo da E. T. S. de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universitat de València

Presenta: Mariló Candedo, profesora da UDC e membro da Sección de Pensamento do CCG

10:45 horas

O Camiño de Santiago: turismo sustentábel no medio rural

Melchor Fernández, profesor da Área de Fundamentos de Análise Económica da USC

Presenta: Nieves Herrero, profesora da USC e membro da Sección de Pensamento do CCG

11:30 horas

Os dilemas do turismo no presente Rubén Camilo Lois, profesor de Análise Xeográfica Rexional da USC e vicepresidente da Unión Xeográfica Internacional

Presenta: Xoán Antón Pérez-Lema, avogado e membro da Sección de Pensamento do CCG

12:15 horas Pausa

12:30 horas Mesa redonda

Turismo que suma, turismo que resta: tres experiencias locais

Xosé Lois Carrera, xerente da Granxa Arqueixal

Mercedes Vazquez, expresidenta da Asociación Veciñal A Xuntanza, barrio de San Pedro (Santiago de Compostela)

María Cristina Cid Fernández, alcaldesa de Allariz

Modera: María Elvira Lezcano González, profesora da Facultade de Turismo da UDC

13:45 horas Debate

14:30 horas

Peche da xornada

Organiza

Consello da Cultura Galega Sección de Pensamento (CCG)

Coordina

Celia Pereira Porto

Lugar

Consello da Cultura Galega Pazo de Raxoi, 2º andar Praza do Obradoiro, s/n

15705 Santiago de Compostela Tel.: 981 957 202

Inscrición

A inscrición é gratuíta.

O número de prazas é limitado (100 persoas).

As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios