O edil do BNG, Alexandre Penas, preguntará ao goberno se existe un dun plan de acción municipal para abordar a problemática creada por unha serie edificios en estado ruinoso. O BNG realizará unha serie de preguntas para coñecer «cales son os plans do goberno con estes edificios e que pasos pensa dar a curto e medio prazo”.
Entre os casos que o BNG pon enriba da mesa, o concelleiro destacou a situación do inmoble de titularidade municipal situado no Recanto do Miño nº4, no barrio da Tinería, “un edificio de propiedade municipal que está nun avanzado estado de deterioro, con maleza saíndo das ventás”. Ademáis, o BNG pedirá información sobre a casa situada no número 11 da rúa Xulia Minguillón, preguntando polo estado actual do expediente urbanístico en marcha e os pasos que pensa dar o goberno municipal para reducir ao máximo o risco para a veciñanza, ao ser habitual a caída de restos deteriorados do tellado.
Alexandre Penas afirmou que «seguimos a trasladar ao goberno as diversas reclamacións que nos fai a veciñanza» e destacou o «malestar» que provocan estas dúas edificacións en estado ruinoso «en dúas zonas que deberían ser referenciais como son a Tinería e a Milagrosa».