Ante o intento de manipulación e a confusión que o exconcelleiro de deportes, Jorge Bustos, pretende trasladar á opinión pública, a Alcaldesa quere aclarar os seguintes puntos sobre o uso das instalacións deportivas escolares fóra do horario lectivo:
Bustos acusa a Candia de “vender fume” cun convenio deportivo que leva caducado máis dun ano
- Acordo directo coa Xunta: O Concello de Lugo pechou o acordo de colaboración directamente coa Consellería de Educación, e non coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tal e como sostén de forma errónea o grupo socialista.
- Plena validez xurídica: Trátase dun convenio bilateral entre ambas as administracións que asume as mesmas condicións que no seu día se articularon a nivel autonómico, pero adaptadas á situación administrativa actual e dentro do marco competencial de cada parte.
- Aprobado e validado: O texto do documento conta co visto e prace dos servizos xurídicos da Consellería de Educación e foi aprobado formalmente pola xunta de goberno local do Concello de Lugo.
Con este paso, o goberno local cumpre co seu compromiso de ofrecer solucións reais ao tecido deportivo de Lugo, ampliando os espazos dispoñibles para os adestramentos dos clubs da cidade coas máximas garantías legais.