A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, presidiu a reunión do Comité de Seguridade e Saúde, na que se informou da proposta de aprobación do Regulamento de Funcionamento Interno deste órgano, que será elevada ao Pleno municipal deste xoves
O Comité de Seguridade e Saúde funciona desde o ano 2019 sen un regulamento específico que estableza o seu funcionamento, unha situación que resulta necesario corrixir para dotar este órgano dun marco normativo claro e con todas as garantías xurídicas.
A aprobación deste regulamento permitirá reforzar a seguridade xurídica, ordenar o funcionamento do Comité e avanzar na actualización da organización interna do Concello, garantindo un marco de actuación claro para todos os seus integrantes.