Miguel Fernández asiste ao nomeamento de Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade de Lugo

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, asistiu este venres no Círculo das Artes de Lugo ao nomeamento de Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade, en recoñecemento a súa traxectoria profesional e a súa estreita vinculación con Lugo.

Miguel Fernández puxo en valor a figura do xornalista galego, pero lamentou que “unha homenaxe destas características debería desenvolverse desde a máxima neutralidade institucional, garantindo que o protagonismo recaia exclusivamente na persoa homenaxeada e evitando apropiacións políticas que desvirtúan o significado dun acto que pertence a toda a cidadanía lucense”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios