Investigadores e historiadores do deporte galego denuncian a falta de rigor e a ausencia de rexistros documentais por parte da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) á hora de recoñecer as datas de fundación e centenarios de diversos clubs da comunidade.
Segundo a documentación histórica existente, entidades como o Tyde FC —fundado orixinariamente en 1926— desapareceron en 1929 tras unha fusión, xurdindo unha nova entidade que tamén se extinguiu durante a Guerra Civil. O club actual data realmente de 1965, ano no que consta o seu expediente de ingreso e regulamento oficial na entón FGF. A pesar destes feitos documentados, a RFGF outorgou recentemente diplomas acreditativos de centenario a clubs nesta situación, así como a outras entidades como o Céltiga, sen verificar as súas orixes reais.
Expertos na historia do deporte galego sinalan que clubs galegos con orixe documentada en 1926 e continuidade histórica cuxo centenario é plenamente lexítimo, son o Gran Peña, cuxo primeiro partido oficial en Serie C consta debidamente rexistrado, ou o Galicia Gaiteira, non inscrito entón na FGF, pero com documentación fundacional acreditada e partidos amigables xogados en 1926. Esíxese á RFGF maior responsabilidad na xestión do patrimonio histórico do fútbol galego e a verificación rigorosa antes do mantemento de recoñecementos institucionais.