Que o xulgado declare nula a sanción da Deputación  ao Concello de Ribadeo por garantir a seguridade dos veciños confirma o sectarismo de PSOE e BNG 

Ameijide afirma que o actual goberno de Carmela López non pode escudarse en que esta sanción foi imposta por José Tomé: “Os grupos socialista e nacionalista seguen formados polas mesmas persoas, a única diferenza é que agora preside a Deputación Carmela López, quen xa formaba antes parte do goberno provincial cando se tramitaba esta penalización.

Os deputados do Grupo Provincial Popular fanse eco dun novo revés xudicial que vén de sufrir o goberno provincial de PSOE e BNG á fronte da Deputación.

A sección do contencioso-administrativo do Tribunal de Instancia de Lugo estimou o recurso interposto polo Concello de Ribadeo, anulando e deixando sen efecto a resolución sancionadora de 15 de maio de 2025 pola que a Deputación de Lugo impoñía unha multa de 25.000 euros ao Concello por realizar labores de desbroce na rede viaria provincial.

Á vista da sentenza xudicial queda claro que, aínda que o mantemento das estradas provinciais é competencia exclusiva da Deputación, o Concello de Ribadeo actuou correctamente diante da falta de resposta do goberno provincial.

A sentenza xudicial recolle que “En cualquier caso, y visto el contenido de los informes incorporados al expediente por parte del Concello se puede considerar que la finalidad de la actuación del ente municipal no era la de atentar contra el régimen competencial existente en materia de carreteras, sino la de preservar la seguridad de los habitantes del municipio y de otras personas usuarias de las vías afectadas ante la constatada existencia de un riesgo para los mismos (según se desprende de las fotografías incorporadas al informe antes mencionado del arquitecto municipal) de sufrir accidentes con posibles consecuencias lesivas para la integridad o la vida de las personas como consecuencia, bien de la acumulación de agua sobre la vía por estar las cunetas invadidas por la vegetación (lo cual impediría que realizaran su función), o bien de la realización de maniobras evasivas por parte de los vehículos o personas usuarios para eludir la maleza que invadía las vías. En definitiva, considero que el bien jurídico que se trataba de preservar por el Ayuntamiento es de mayor relevancia o trascendencia jurídica que el que trata de proteger la Diputación Provincial, por lo que la antijuridicidad de la conducta municipal debe descartarse al estar amparada por un estado de necesidad evidente”.

En definitiva, que o propio Concello de Ribadeo actuou correctamente, como recolle tamén a sentenza: “No obstante, también es cierto que el Ayuntamiento, dada la existencia de quejas vecinales relativas a la seguridad de las vías en cuestión y tras constatar la existencia de un riesgo cierto para los usuarios de las mismas, vistos los informes antes mencionados, actuó correctamente, instando primero al ente provincial a que adoptase las medidas pertinentes sobre las vías que eran de su titularidad (por escrito y telefónicamente, según consta en los escritos incorporados al expediente administrativo). Sólo ante la falta de respuesta por parte de la Diputación fue que el Concello optó por ejercer esas competencias directamente con el fin de evitar riesgos a la población del municipio o ajena al mismo que pudiera tener que hacer uso de esas vías”.

Ameijide: “A Deputación ten a obrigación de actuar en todos os concellos, sen importar a súa cor política”
O voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, destacou que esta resolución pon de manifesto que “a Deputación de Lugo ten a obriga legal e moral de cumprir cos seus cometidos en todos os municipios da provincia, sen importar a cor política de quen goberne en cada Concello”.

Ameijide insistiu en que o mantemento, desbroce e manter limpas as estradas provinciais é un deber do goberno provincial para garantir a seguridade viaria, “algo que PSOE e BNG desatenden sistematicamente por unha clara razón: o mantemento no da titulares nin fotografías nos medios de comunicación”.

Ameijide advirte, ademais, que o actual goberno de Carmela López non pode escudarse en que esta sanción foi imposta polo anterior goberno de José Tomé. “Os grupos socialista e nacionalista seguen formados polas mesmas persoas. A única diferenza é que agora preside a Deputación Carmela López, quen xa formaba parte do goberno provincial no momento no que se tramitaba esta penalización”.

Incluso, Ameijide sinala que “se Carmela López non estaba de acordo con este proceso ou coa inxustiza cometida contra Ribadeo, ela mesma puido decidir allanarse do proceso, dándolle a razón ao Concello, evitando o litixio e non gastar máis recursos públicos”.

Unha «vendetta política» e un novo revés xudicial
Antonio Ameijide recorda que “dende o Grupo Provincial Popular xa defendemos este asunto no pleno de setembro de 2024” ao preguntar directamente se “ten previsto o Sr. Presidente investigar e comprobar se concellos gobernados por PSOE e BNG acometeron tarefas de limpeza de cunetas e desbroce das marxes das vías provinciais ao seu paso polos respectivos termos municipais e, no seu caso, aprobar propostas de sanción similar contía?”, tendo como resposta que “cumprirían a lei”, pero “a realidade é que nada fixeron nestes anos”.

“Está claro que a sanción a Ribadeo obedeceu unicamente a unha vendetta e persecución política contra o equipo de goberno do Concello”, sinalou.

Por último, Antonio Ameijide remarcou que este fallo supón “un novo e contundente revés xudicial” para a xestión do PSOE e BNG á fronte da Deputación de Lugo, lembrando que este caso súmase a outros reveses nos tribunais sufridos pola institución, como o recoñecido polo Tribunal Supremo ao darlle a razón ao Grupo Provincial Popular no caso do paso de traballadores da extinta Suplusa a Tragsa.

Comparte éste artículo
No hay comentarios