O equipo de socorristas municipais, integrado por máis de 40 profesionais, atendeu un total de 665 accidentes nos areais.
O Concello confirmou esta semana as cifras de incidencias acumuladas nas praias e zonas de baño públicas este verano. Os servizos de salvamento observaron un descenso xeral no número de accidentes e emerxencias nos areais de titularidade municipal (sen contar a plataforma de baño do Parrote), que foi de 665 casos reportados entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. Non obstante, a zona do Parrote -non xestionada polo Concello- si que experimentou un aumento significativo de incidencias, debido apertura á cidadanía da nova plataforma de baño. Esta ano o Concello despregou operativos en todas as praias, cun equipo de socorristas municipais integrado por máis de 40 profesionais.
«Este ano fixemos un gran esforzo para ofrecer unhas praias máis seguras, con maior vixilancia e máis medios humanos e técnicos non só para previr as incidencias, senón para poder interveir e solventar aquelas que xurdan ao longo da tempada o máis rápido posible. Creo que os datos son bos, e por fortuna houbo que lamentar poucos incidentes de gravidade», subliñou a concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Montserrat Paz.
Algúns dos areais máis concorridos rexistraron unha caída significativa no monto de incicencias. Por exemplo, Riazor pasou das 220 do 2025 a 143 este ano. De xeito similar, Orzán pasou de 221 a 140 -o total de incidencias de 2025 sen contar o Parrote foi de 716, fronte ás 665 deste ano-. Por su parte, a plataforma pechou a tempada cun total de 284 incidentes, fronte aos 40 do ano pasado -no que a plataforma aínda non estaba aberta ao público-.
No último tramo da tempada de praias -do 1 ao 15 de setembro- só se rexistraron 79 incidentes, incluíndo só dous intervencións con ambulancias. No total do ano, houbo 31 asistencias con ambulancias nos areais e zonas de baño da cidade. Nestas dous últimas semanas, o accidentes máis frecuentes foron os cortes (30), seguidos de picaduras de escapapote (17), abrasións non soares ou feridas (11), picaduras de insecto (5) e feridas punzantes (5).