Gómez Besteiro pon en valor o papel do rural na IV Festa da Troita de Lugo

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou hoxe na IV Festa da Troita con Xamón, celebrada no barrio da Ponte e organizada pola Asociación de Veciños “Lucus Augusti”. Durante o encontro repartíronse 4.000 racións de troita criada no río Eo entre máis de 500 persoas e representantes de 25 parroquias, que asistiron tamén á entrega dos premios “Amigo/a do Rural”.

O responsable socialista destacou a importancia desta cita como unha “homenaxe ás persoas que manteñen vivo o rural durante todo o ano” nunha xornada que “une gastronomía con produtos de proximidade, tradición e, sobre todo, convivencia veciñal”. Así mesmo, subliñou que este evento pon en valor a vida comunitaria, o contorno rural e o coidado dos ríos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios