In The Corner, 9 de outubro de 2026

Coa folga nas dúas primeiras categorías do fútbol español, o foco do programa estivo no Celta-Deportivo B, que terá lugar o sábado na Madroa. Con Estela, unha futbolista integrada no fútbol vigués desde o Matamá até o Celta, pasando polo Sárdoma, fálamos das súas impresións sobre o derbi.

Do outro lado tivemos a Marta Rico, a arquitecta do fútbol ofensivo do cadro herculino, que nos falou das virtudes no equipo dirixido por Aitor Prieto, quen non ten nada a ver co da pasada temporada. Rematamos falando dese terceiro liderado histórico do Victoria santiagués na Terceira Federación, que ademais sumou o gol 500 na historia do grupo I do cuarto nivel do fútbol español.

Foto: Estela (Celta) e Marta Roco (Deportivo). © R.C. Celta/R.C.D. A Coruña

Comparte éste artículo
No hay comentarios