O Concello ultima un acordo para modernizar e adaptar o transporte urbano de Lugo

O Concello de Lugo alcanzou un acordo coa empresa concesionaria do transporte urbano para introducir melloras no servizo, avanzar na súa modernización e facilitar o día a día das persoas usuarias. As actuacións previstas desenvolveranse de maneira progresiva nos próximos meses.

O acordo no que se traballa aborda cuestións que van desde o acceso á información sobre horarios e percorridos ata os medios de pagamento, a organización das rutas e a imaxe das paradas.

Máis información e facilidades para utilizar o autobús

Unha das principais medidas deste acordo será a implantación dun novo sistema de axuda á explotación (SAE), que permitirá renovar os equipos dos autobuses e avanzar cara a unha información máis completa e accesible.

Este sistema permitirá avanzar na implantación dunha aplicación móbil e dunha páxina web con información en tempo real sobre a localización dos autobuses, os tempos de chegada e os percorridos. Tamén fará posible habilitar o pagamento con tarxeta de débito ou crédito, algo que hoxe non é posible, así como facilitar a posible integración coa tarxeta da Xunta de Galicia, MOVETE.

Ademais, prevese incorporar a rede de autobuses urbanos de Lugo a Google Maps, para facilitar a consulta das rutas e a planificación dos desprazamentos. A posta en marcha desta última funcionalidade dependerá tamén dos prazos de Google unha vez remitida a información.

Melloras nas paradas e revisión das rutas

O acordo tamén estuda a renovación dos sistemas de información nas paradas (neste momento de 24 pantallas só funciona 8) e tamén se fará un cambio da información de postes e marquesiñas actualizando a imaxe.

Outra das actuacións será estudar alternativas para optimizar as rutas, tendo en conta as propostas e necesidades trasladadas polo Concello, co obxectivo de seguir mellorando a organización do servizo e adaptalo ás necesidades da cidade (mellroa de frecuencias, accesos al Hula, ao cemiterio municipal …)

Solucións para os aseos dos condutores

O acordo coa empresa concesionaria inclúe tamén reivindicacións dos traballadores como garantir a disponibilidade de aseos para os conductores en todas as rutas.

Tamén se traballa no redeseño de varias liñas para dar servizo a demandas da veciñanza recollidas nos últimos anos, entre ellas, por exemplo nos accesos ao hospital, ou ao cemiterio, entre outras.

Ampliación do servizo de taxi a demanda no rural

Xa no marco do convenio coa Asociación Provincial de Taxistas o Goberno local explicou que manterá unha xuntanza co colectivo o vindeiro 21 de outubro para abordar a ampliación  do servizo de taxi a demanda. Neste momento préstase nas parroquias de Carballido e Labio pero “o reto é dar cobertura ao 100% do territorio”.

A idea é que sexa unha implantación progresiva que comezará polas parroquias situadas no cinto máis próximo á cidade, priorizando as 13 que actualmente non dispoñen de servizo de autobús: Pedreda, Tirimol, Meilán, Adai, Orbazai, Piugos, Cuiña, San Mamede, San Xoán do Alto, O Veral, Esperante, Ombreiro e Saa.

Na xuntanza prevista co colectivo dos taxistas ademais de este asunto abordarase o incremento de licenza

Comparte éste artículo
No hay comentarios