Muxía acollerá este sábado 24 a “I Folía da Sartaña”, con música e baile tradicional

O vindeiro sábado 24 de outubro Muxía converterase no epicentro da Música e o baile tradicional, patrimonio inmaterial da nosa cultura, coa celebración da “I Folía da Sartaña” no Camping Lago-Mar. Organizada pola asociación “Pa Feira co que Temos” , conta coa colaboración do Concello de Muxía e Horta Creativa, ademais de moitas empresas da contorna.

A xornada festiva e cultural contará con obradoiros de baile e danza tradicional, entre eles os das tres danzas brancas que aínda perduran neste concello, actuacións de máis dunha ducia de grupos musicais da contorna, o concerto de Lorelia e unha foliada libre como peche da xornada.

O evento estará presentado por Anjustias e Josiño, de Radio Nordés, e ofrecerá ademáis unha propostas de gastronomía tradicional a un prezo de 10€.

Tamén haberá distintos sorteos de xornadas gastronómicas en establecementos colaboradores.

Esta cita nace co obxectivo de dinamizar a cultura, o baile e a música tradicional viva na Costa da Morte ao longo de todo o ano, e non só en datas turísticas.

Programa de actividades

A xornada dará comezo ás 16:00 horas cun Obradoiro de baile e danza tradicional. A partir das 17:30 horas, a música tradicional tomará o escenario coa participación dun amplo abano de agrupacións e formacións:

  • Xaramiños
  • Abaladeiras
  • Vaiche Boa
  • Con Todo en Banda

Mar Devalado

  • Petaforte
  • Nin Chica Nin Patacón * Pedras Miúdas
  • Trubisquiñas
  • AV San Adrián de Toba * AC Fonte Santa
  • Sentenarios
  • Abelleira
  • Pa Feira co que Temos

Como peche da programación prevista, terá lugar o concerto de Lorelia, tras o cal se abrirá a foliada libre para que todas as persoas que así o desexen poidan sumarse a tocar, cantar e bailar ata o remate.

O cartel anunciador foi ilustrado pola artista Viki Rivadulla.

Comparte éste artículo
No hay comentarios