Baixo o lema “No alzhéimer eu tamén son protagonista”, estréase o vídeo do día mundial e a súa correspondente campaña en redes sociais
A Federación de Alzhéimer de Galicia inicia este venres 1 de setembro a súa campaña polo día mundial do alzhéimer, o cal celébrase o 21 do mesmo mes.
O vídeo realizado do día mundial pola Federación mostra as diversas caras do alzhéimer, dando visibilidade e recoñecemento aos diferentes protagonistas e poñendo especial fincapé nas propias persoas con demencia. Esta proposta ensina a importancia de romper os tabús e estereotipos relacionados, e sobre todo, en dar a coñecer á sociedade a problemática, é por iso que os actores e actrices son persoas reais con historias reais.
Este ano a campaña coincide co 25 aniversario da Federación, motivo polo cal se levarán a cabo distintas actividades ao longo do mes. Entre elas o sábado 16 de setembro celebrarase a Gala 25 Aniversario no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, onde reuniranse todas as persoas envoltas e terá lugar a entrega de premios da primeira edición do seu concurso de curtas: Neurometraxes.
A este acto, xúntase o apoio recibido en redes sociais por parte de participantes de todo tipo, desde cantantes, presentadores, investigadores, asociacións e os propios usuarios que non dubidaron en compartir o vídeo co lema da campaña xa que no alzhéimer, todos somos protagonistas.