Xa se respira o ambiente de Nadal e o torneo solidario por excelencia volve cunha gran motivación este ano. A estrea do pavillón renovado en Abegondo promete darlle un pulo fantástico a esta XVII edición de Mételle Un Gol Ó Cancro, que volve unir deporte, festa e solidariedade a favor do Centro Oncolóxico de Galicia.
Xa sabedes:
- Cando: 26 e 27 de decembro.
- Onde: Pavillón renovado de Abegondo.
- Inscrición: 12 € por xogador/a (ata o 3 de decembro na súa web).
- Entrada: De balde para todo o público.