A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á apertura da 31ª edición do Mercado de Nadal da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Vigo, situado no número 51 da Gran Vía.
Este tradicional rastro solidario ofrece unha variedade de produtos para agasallar nestas festas, entre os que se poden atopar artigos de decoración, xoguetes ou libros, entre outros. O mercado estará aberto de luns a sábado, en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas.
Os fondos recadados se destinan a impulsar a investigación oncolóxica e a manter os servizos gratuítos de atención e acompañamento que a asociación ofrece a pacientes e familiares. Ademais, pódese colaborar mediante a doazón de artigos en bo estado para a súa venda no mercado.