José Manuel Barreiro sitúa a Feijóo como a única alternativa para rematar as infraestruturas pendentes na provincia de Lugo

Ao longo desta campaña na nosa provincia puidemos comprobar esa necesidade de cambio ao que fai referencia o noso lema. Dun xeito maioritario e diría que abrumador a gran maioría da sociedade lucense solicita que haxa un cambio de rumbo en España, que non podemos seguir por este camiño.

E eu creo que esa expresión tivo o máximo realce no mitin que se celebrou na cidade de Lugo o pasado luns onde houbo un abarrote total e absoluto na sala grande do auditorio coa presencia de Mariano Rajoy, do presidente Rueda e, por suposto, da nosa alcaldesa e o candidato ao Congreso, Paco Conde.

E, efectivamente, esa necesidade de cambio tradúcese na necesidade de rematar as infraestruturas que a provincia de Lugo necesita e que foron obxecto dun abandono total e absoluto por parte do Goberno de Sánchez. Tradúcese tamén na necesidade de que non queremos enfrontamentos, de que non queremos muros, de que non queremos un Goberno que cada día saia e abra noticias dos xornais e das televisións e de todos os medios de comunicación por circunstancias vinculadas á corrupción, por circunstancias vinculadas á falta de ética, por circunstancias vinculadas á indecencia.

Tampouco queremos en Lugo un Goberno que estea centrado exclusivamente en resistir, en resistir quen está á fronte do mesmo, en manterse no sillón. Nós queremos un Goberno que se centre nas persoas e na resolución dos problemas das persoas e por eso nós consideramos que a única alternativa con capacidade real para garantir ese cambio necesario é a alternativa do Partido Popular liderada por Alberto Nuñez Feijóo.

E, ademais, é que Alberto Núñez Feijóo, engádelle á propia alternativa, ao propio proxecto político do Partido Popular, a súa capacidade de xestión total e absolutamente acreditada e, ademais, total e absolutamente coñecida e recoñecida polos galegos e polos lucenses en particular ao longo de moitos anos, cando el foi presidente da Xunta de Galicia.

Por todo eso, eu estou convencido de que próximo domingo, o próximo día 29, en Lugo votarase maioritariamente polo cambio que España necesita, que Galicia necesita e que para Lugo tamén é imprescindible. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios