A piques de celebrarse unhas eleccións xerais, máis ca nunca o noso voto ten que ser o da reivindicación e a protesta. O de non permitir que nos queiran facer retroceder e volver a un tempo onde os dereitos das mulleres consistían en criar, coidar e ser sumisa, e non erguer nunca a voz porque que saberemos nós.
No século XXI seguen querendo mandar sobre os nosos corpos, dicirnos cando parir, a quen amar e como vivir. Unha liberdade que gañamos a pulso e á que baixo ningún concepto imos renunciar. Porque ser libres non se negocia, nin tampouco recurtar no que levamos conseguido. Libres para abortar, para mudar de sexo, para morrer con dignidade e para namorarnos de quen nos pida o corpo e o corazón. Libres para vivir sen medo cando imos polas rúas, cando unha chave xira no fecho ou cando chegamos cinco minutos tarde a casa. Donas do noso presente e dun futuro que xa non terán as 46 vítimas da violencia de xénero do que levamos neste 2026.
Libres para berrar que NIN UN PASO ATRÁS! E sabede que volveremos para o ano e para o outro e o outro….Todos os que sexan precisos para loitar polos nosos dereitos e porque algún día o 25 de novembro sexa unha data calquera do calendario, non unha sentenza de morte para todas as que non puideron chegar a ela.
POLOS NOSOS DEREITOS A piques de celebrarse unhas eleccións xerais, máis ca nunca o noso voto ten que ser o da reivindicación e a protesta. O de non permitir que nos queiran facer retroceder e volver a un tempo onde os dereitos das mulleres consistían en criar, coidar e ser sumisa, e non erguer nunca a voz porque que saberemos nós. No século XXI seguen querendo mandar sobre os nosos corpos, dicirnos cando parir, a quen amar e como vivir. Unha liberdade que gañamos a pulso e á que baixo ningún concepto imos renunciar. Porque ser libres non se negocia, nin tampouco recurtar no que levamos conseguido. Libres para abortar, para mudar de sexo, para morrer con dignidade e para namorarnos de quen nos pida o corpo e o corazón. Libres para vivir sen medo cando imos polas rúas, cando unha chave xira no fecho ou cando chegamos cinco minutos tarde a casa. Donas do noso presente e dun futuro que xa non terán as 46 vítimas da violencia de xénero do que levamos neste 2026. Libres para berrar que NIN UN PASO ATRÁS! E sabede que volveremos para o ano e para o outro e o outro….Todos os que sexan precisos para loitar polos nosos dereitos e porque algún día o 25 de novembro sexa unha data calquera do calendario, non unha sentenza de morte para todas as que non puideron chegar a ela.