In The Corner 27 de novembro de 2026


Fin de semana de folga no fútbol feminino español que aproveitamos con Miguel Vázquez para analizar o que foi a derrota do Deportivo contra o Levante Las Planas. Aspectos que a provocaron e, no plano construtivo, que recursos pode usar o equipo nesta liga tan louca na que o cuarto, Madrid CFF, ten catro derrotas e o penúltimo, Sevilla, ten seis.

Comentamos os resultados do Deportivo B, Celta e o Victoria, que malia estar abeirando o descenso, acaba de pasar con éxito partidos contra os dous primeiros con cero goles en conta e sen perder contra ambos.


No fútbol autonómico repasamos a pasada xornada e entrevistamos a Antía Fernández, porteira do Tomiño, que logrou o primeiro triunfo da temporada nunha espectacular virada en Boiro. Rematamos o episodio falando con Bárbara Grandal para contar aspectos da historia do Val, que acaba de chegar aos 500 partidos oficiais na súa historia e é a referencia do fútbol feminino en Ferrolterra.

Foto: Antía (Tomiño). © Fotos Arquivo persoal de Antía Fernández

Comparte éste artículo
No hay comentarios