A caravana itinerante de maxia do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona fai a súa parada hoxe na praza Maior de Lugo, onde ofrecerá ao longo da xornada 10 actuacións a cargo dos magos Rafa e Lore Lavand
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou este espazo, incluído na programación deste festival que percorre en setembro e outubro as catro provincias galegas co patrocinio da Administración autonómica.
Un dos pratos fortes será a Gran Gala Internacional que acollerá o auditorio Gustavo Freire de Lugo o 6 de outubro, con ilusionistas chegados desde diferentes países que presentarán unha selección de números premiados a nivel mundial.