Ecoloxistas en Acción reclama o fin da pesca industrial no encontro da NAFO en Vigo

por Redacción Galicia

Ecoloxistas en Acción protagonizou unha acción no encontro anual da Organización Intergubernamental de Pesquerias do Atlantico Noroccidental (NAFO)  en Vigo,  desplegando uhna pancarta no porto vigués para esixir o remate da pesca industrial e a protección dos océanos.

Para a organización ecoloxista algunhas das ameazas máis evidentes do cambio climático manifiestanse nos océanos, como o quecemento, a acidificación e a perda de biodiversidade. De feito, científicos estiman que se non se pon fin ás emisións de gases de efecto invernadeiro, máis do 80 % da biodiversidade marinña estaría en perigo en 2100. Ao mismo tiempo, o océano é o noso mellor aliado para facer fronte ao cambio climático, xa que absorbe o 90% do exceso de calor e captura carbono de xeito máis eficiente e rápida que os bosques por unidade de superficie.

Sinalan que a pesca é á súa vez vulnerable e responsable ao cambio climático. Segundo a FAO, os produtos do mar seguen sendo un dos alimentos básicos máis comercializados internacionalmente (en 2018, 67 millóns de toneladas —o 38 % da produción pesqueira e acuícola— foi comercializada internacionalmente). Case unha vintena de buques arrastreiros conxeladores españois faenan en augas do Atlántico nooroccidental, máis aló das cousas norteamericanas.

Ecoloxistas en Acción quere lembrar que a pesca de altura de longa distancia conleva altos custos de combustible e de tripulación, que se compensan en parte con xenerosas subvencións públicas (case a metade do prezo do combustible está subvencionado mediante rebaixas fiscais) e cunha gran porcentaxe de poboación migrante porque cada vez hai menos españois que queren vivir con tales condicións laborais.

Par5a Ecoloxistas en Acción cabe preguntarse entón se non queremos esas condicións para «nós», por que as quereriamos para os inmigrantes. Unha análise publicada en Sciences evidencia que beneficios da pesca de altura para os principais países pesqueiros de augas distantes reduciríanse considerablemente, ou mesmo desaparecerían por completo, se non se subvencionase ás frotas.

Por tanto, para a organización ecoloxista, reducir os elevados niveis de subvencións ao combustible da frota que faena en augas afastadas resulta sensato para devolver a racionalidade económica á pesca comercial. Pero ademais, é un paso fundamental para resolver o problema mundial da sobrepesca e sobrecapacidade en terceiros países, así como o uso de combustible e os altos niveis de emisións de GEI.

Subliñan que a recuperación das poboacións de peixes é garantía de redución do uso de combustible e as emisións, posto que as poboacións esgotadas requiren de máis combustible para ser alcanzadas e capturadas. De feito, a redución do uso de combustible nas pesqueiras europeas atribuíuse, en gran parte, ao aumento da biomasa das poboacións nos últimos anos.

«A crise climática esixe acción directa e o sector pesqueiro como sector esencial que proporciona alimentos, debería considerarse prioritario para transicionar a un modelo sostible e neutro en emisións para garantizar a súa viabilidade a longo prazo», destaca Cristóbal López, voceiro de ecoloxistas en Acción.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario