A Tenencia de Alcaldía avanza na mellora dos espazos públicos de todas as zonas de Lugo, garantindo o benestar da veciñanza»
.O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, informou que o Goberno de Lugo continúa a coa renovación dos espazos públicos de Lugo cun novo asfaltado na Avenida das Américas. Arroxo explicou «que os traballos comezarán nos vindeiros días, co obxectivo de que a renovación se complete durante o mes de agosto». Intervirase no treito da avenida das Américas que vai dende a rúa Pomar ata a Fonte dos Ranchos, garantindo o bo estado dunha das rúas de Lugo que máis tráfico acollen».
A solución executada polo Goberno de Lugo consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal.
Rubén Arroxo afirmou que esta actuación da continuidade ao traballo realizado no pasado ano. «Comezamos coa renovación da parte final da rúa, o que comunica coa N-540, e con esta nova intervención cumprimos co obxectivo de renovar esta rúa por completo».
Arroxo lembrou que «desde o Goberno de Lugo traballamos na atención aos distintos barrios, atendendo ás peticións das veciñas e veciños sobre as zonas nas que desenvolven a súa vida».»As peticións da veciñanza, xunto coas visitas que realizamos por toda a cidade permítennos planificar o traballo que realizamos, buscando mellorar a calidade de vida e o benestar das veciñas e veciños», afirmou o Tenente Alcalde.