Un paciente do Hospital da Mariña denuncia atrasos nunha consulta de neuroloxía en contra do criterio do facultativo

por Redacción Lugo

Un paciente denuncia que desde o Hospital da Mariña están a atrasarlle a consulta de neuroloxía para control dun tratamento e evolución dunha patoloxía en contra dos criterios do neurólogo. O paciente é visto en marzo de 2023 polo servizo de neuroloxía , pois fíxose un diagnóstico sintomático de enfermidade de Parkinson. Nesta consulta páutaselle un tratamento que posteriormente, o día 31 de maio de 2023 é modificado. O neurólogo indica una nova revisión en dous meses para para valorar a efectividade do tratamento e a evolución da súa patoloxía, concretándoselle una nova consulta para o día 14 de xullo de 2023. Desde o hospital da Mariña o paciente recibe una chamada o día 10 de xullo para atrasarlle dita consulta ata o 15 de novembro, atrasándose a consulta deste xeito catro meses respecto á prescripción facultativa.
EFECTUADA E REXISTRADA UNHA RECLAMACIÓN QUE NON FOI SOLUCIONADA.
O paciente contacta coa Plataforma Sanitaria da Mariña , que redacta e rexistra a correspondente reclamación o día 11 de xullo de 2023 , con numero de entrada no rexistro 3112. A día de hoxe o paciente non tivo comunicación alguna por parte da dirección do centro nin solución ao problema que plantexa, actuando de xeito ineficaz e inefectivo diante das demandas xustas dos pacientes por mor de esperas que sobrepasan con creces o límite máximo establecido por lei , que contradicen o criterio facultativo impedindo a correcta vixiancia dos procesos patolóxicos , así como da avaliación correcta dos tratamentos coas conseguintes consecuencias para as persoas enfermas. Esiximos que se ” resolva de inmediato este problema e que se instaure dunha vez por todas a normalidade nas esperas e citacións “- conclúen desde a plataforma sanitaria.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario