A Tenencia de Alcaldía avanza na mellora dos espazos públicos de todas as zonas de Lugo, garantindo o benestar da veciñanza
O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo comezará a traballar no novo asfaltado na Avenida das Américas o vindeiro luns. Arroxo explicou que «o obxectivo é que esta renovación se complete durante este mesmo mes». Intervirase no treito da Avenida das Américas que vai dende a rúa Pomar ata a Fonte dos Ranchos, garantindo o bo estado dunha das rúas de Lugo que máis tráfico acollen.
O Tenente Alcalde afirmou que esta actuación da continuidade ao traballo realizado no pasado ano. «Comezamos coa renovación da parte final da rúa, o que comunica coa N-540, e con esta nova intervención cumprimos co obxectivo de renovar esta rúa por completo».
«Para reducir as molestias ocasionadas pola corte do tráfico na Avenida das Américas durante uns 6 días» explicou Rubén Arroxo. Dende o Concello de Lugo contempláronse cambios nos tránsitos usuais do tráfico rodado, incluíndo a incidencia e cambios nas liñas e paradas de autobuses urbanos afectadas, tratando de reducir ao máximo as molestias á veciñanza.
Nunha primeira fase, correspondente ao corte da Avenida das Américas dende a Praza Fonte dos Ranchos ata a glorieta da Rúa Pomar, a saída da cidade distribuirase por dúas alternativas. A primeira delas, corresponderase ao itinerario Rolda do Carme dende a Praza Fonte dos Ranchos – Marqués de Ombreiro – Rúa Alcalde Carlos V. Pimentel e glorieta da Avenida das Américas. A segunda, comezará na Praza Fonte dos Ranchos – Rúa Doutor Ochoa – Rúa da Saúde e Rúa Pomar, na que se mudará o sentido da circulación.
Estes cambios, afectarán ás liñas 5DS, 5.1, 5E, 5.2, 8 e 11 que, logo de superar os tramos provisionais con parada nas rúas indicadas, se incorporarán de novo cumprindo o recorrido habitual.
A entrada á cidade pola Avenida das Américas tamén se verá afectada. Dende a glorieta de confluencia con Rúa Pomar ata a Praza Fonte dos Ranchos, a entrada a Lugo dirixirase pola Rúa Pomar – Rúa da Saúde – Rúa Río Ulla – Rúa Azalea e Rolda do Carme, con cambio de sentido.