O presidente provincial, Luis Menor, acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, oficializou a apertura dunha oficina provisoria da Deputación na Casa Grande de Viloira, agradecendo ao goberno galego a súa colaboración e áxil resposta á petición da administración provincial
“Cúmprese así un dos primeiros compromisos deste mandato: achegamos a Deputación a unha comarca alonxada xeográficamente, pero que nunca vai estar afastada da xestión da institución provincial”, sinalou o presidente
Luis Menor reuniuse cos alcaldes da comarca, explicándolles as liñas principais da axenda do seu goberno para Valdeorras, que pasan por demandar melloras nas comunicacións, como é o caso da A-76, a N-120, a estrada comarcal 533 ou as infraestruturas ferroviarias
Tamén se reuniu co Clúster da Pizarra, sector ao que amosou o total apoio da institución provincial “como líder na produción e exportación de lousa”. A xornada incluíu unha reunión do Consorcio de Augas de Valdeorras, no que se procedeu á renovación de cargos e órganos