Facéndose eco das queixas dos usuarios do Eixo Atlántico e do corredor Avant Ourense-Santiago-A Coruña, os populares falan de «atrasos programados» e «limitacións permanentes» e esixen medidas «urxentes e efectivas» para reverter a situación
Os deputados do PPdeG no Congreso veñen de presentar sendas preguntas na Cámara Baixa para que o Goberno central aclare cales son as medidas “urxentes e efectivas” que ten previsto adoptar para solucionar as “recorrentes deficiencias e atrasos” na prestación do servizo ferroviario de media distancia en Galicia e para que confirme se cumprirá o prazo de entrega dos trens Avril en novembro de 2023 para así garantir a chegada da Alta Velocidade ás cidades galegas.
Lamentan os populares que coa volta ao curso persistan en Galicia os atrasos dos trens de media distancia que periodicamente denuncian os usuarios deste servizo tanto no Eixo Atlántico como tamén no corredor Avant Ourense-Santiago-A Coruña. Unhas deficiencias derivadas, entre outras razóns por “fallos da infraestrutura, limitacións temporais de velocidade, problemas de diferente índole nas estacións ou fallos mecánicos nos trens”.
“Incidencias que non son puntuais nin esporádicas convertéronse en frecuentes e a veces ata podería aventurarse que se trata de atrasos programados e as limitacións de velocidade, permanentes”, explican os deputados do PPdeG no texto da iniciativa coa que denuncian que “os usuarios non teñen a obriga de aceptar estes atrasos” e piden ao Ministerio de Transportes, a Renfe e a Adif medidas “urxentes e efectivas” para reverter esta situación.
“Non imos admitir do goberno de Sánchez o enésimo retraso na chegada dos trens Avril”
A través doutra iniciativa, os deputados do PPdeG no Congreso fanse eco tamén do novo atraso na posta en servizo dos trens Avril de Alta Velocidade en Galicia “coa desculpa da demora na formación dos maquinistas”. Un novo incumprimento que se sumaría a toda a lista de datas “sistematicamente incumpridas” ofrecidas polo Goberno de Sánchez sobre a entrega a Renfe destes trens.
Recordan os parlamentarios populares que en xaneiro de 2022 preguntaron por escrito sobre a data prevista para que os trens Avril circularan pola línea de Alta Velocidade Madrid-Galicia e que “o prazo de verán do 2022 ofrecido pola ministra Raquel Sánchez foi incumprido”. Logo, dixeron que sería no primeiro trimestre de 2023 e “sen pudor incumpriron”.
Insisten neste sentido en que a importancia da chegada destes trens é “imprescindible para incrementar o número de prazas ofertadas e abaratar o prezo dos billetes ao poder transportar máis usuarios con menor gastos”. E, sobre todo, para “facer efectivos os beneficios da Alta Velocidade a Galicia no referente a mellorar os tempos de viaxe que polo momento só se cumpriron coa cidade de Ourense” mentres o resto de cidades galegas “seguen esperando”.
“Estamos cansos e fartos de tanta espera e de tantos incumprimentos do Goberno socialista”, conclúen ao tempo que esixen “que se cumpra a data ultimamente comprometida de novembro de 2023” e “información certa sobre a chegada deste material rodante de ancho variable ás nosas vías e cal e o número de trens e frecuencias contará Galicia para conectarse con Madrid”.
A maiores destas dúas preguntas, os deputados do PPdeG tamén rexistraron a solicitude de comparecencia no Congreso da ministra de Transportes e do presidente de Renfe para informar sobre estes temas.
¿Dónde está el Plan Galicia publicitado por Vdes.con Aznar?¿Dónde estuvo Mariano Rajoy o Ana Pastor?.
Ahora seguimos igual y gobernando la «competencia» darán prioridades a lo que les parezca oportuno.
Son demasiados años con lo mismo y los mismos problemas .Eran la mayoría otros Diputados pero el problema
persiste y no hay modo de que el gobierno de turno tome conciencia y sean consecuentes con lo que hay.
Vayan cantándole al Sr.Sáchez «Veinte años…, no es nada» porque lamentablemente el dinero se ha diluído o
ni fue enviado en su día y las obras así ,nunca llegarán.
En lugar de hacerse preguntas ,estaría mejor que mediante comisiones técnicas resolver lo que se pueda y
alejar a todos Vdes. del asunto porque si están cerca ,suelen creerse capaces de resolver estas cosas como buenos gestores y acaban siempre mal.
El Presidente de Renfe si va a informar ,leerá un «panfleto» preparado justificándo el tema y si ven oportuno les contestan por escrito (que es el modo más fácil despistar )