A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Palacio de María Pita a Eva Rosende, nova presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) da Coruña
Rey sentenciou que o nomeamento de Rosende como primeira presidenta de AJE é un avance en materia de igualdade. «Alégrame ver que cada vez somos máis as mulleres con cargos de representación porque avanzamos en igualdade ao tempo que facemos xustiza á historia feminina da Coruña» explicou a alcaldesa.
Rey e Rosende destacaron a colaboración entre Concello e Asociación nesta primeira reunión como nova directiva, así como o apoio do Goberno local ao tecido empresarial da cidade cos bonos PRESCO e a posta en marcha de proxectos como a Cidade das TIC ou a AESIA. Acordaron afondar na colaboración entre administración entidade para o impulso de novas accións orientadas ao emprendemento na mocidade coruñesa.
A alcaldesa e presidenta estiveron acompañadas pola concelleira da área de Benestar Social, Yoya Neira, e o concelleiro de Educación e Emprego, Juan Ignacio Borrego; xunto co Aida Cordeiro, secretaria de Organización da asociación e Iván García, tesoreiro.