PP Lugo. «Lara Méndez converte a Casa do Concello na sede do PSOE»

  • Enrique Rozas razoaba que “moito nos tememos que, nos próximos tempos, a alcaldesa vai utilizar o concello como plataforma ao servizo do PSOE” puntualizando que  “as ambicións de Besteiro xa lle sairon moi caras aos lucenses en alusión ao urbanismo á carta cuxa obra estrela foron as torres do Garañón”
  • Os populares lamentan que “Lara Méndez estea máis preocupada en traballar para solucionar as guerras internas do seu partido en vez de buscar solucións aos diferentes problemas da veciñanza en cuestións tan básicas como o saneamento, atención cidadá ou axilización de trámites”

FALTA RESPECTO INSTITUCIONAL

  • Para o Grupo Popular “é inconcebible o que sucede co equipo de goberno de Lugo onde existe unha sumisión da institución municipal ao partido” aclarando que a visita institucional sen a representación do grupo maioritario da corporación é “unha falta de respecto aos lucenses”
  • Os populares recórdanlle á alcaldesa que “o PP ten 12 de 25 concelleiros, polo que o lóxico sería que estivesemos representados en todos os actos institucionais”
  • Os populares alertan que confusión  do plano institucional co político estase a converter nunha práctica habitual no goberno de Lara Méndez citando como exemplos: a ridícula representación en órganos colexiados que non se corresponde aos 12 edís que temos, o uso partidista e sectario da páxina web e das redes sociais do concello ou a negativa a utilizar espazos para traballo ou comparencias en prensa ao grupo municipal.
Etiquetas
Comparte éste artículo
1 comentario