Os escolares de Xinzo de Limia participaron no XII Abrazo ao Río Limia

Máis de 1500 alumnas e alumnos de Galicia e Portugal compartiron os seus vencellos máis ancestrais e identitarios: a Terra, o Río e a Lingua.

Onte celebrouse o «XII Abraço ao Río Lima«, unha iniciativa da Câmara de Ponte de Lima coa participación do Concello de Xinzo de Limia a través das comunidades escolares dos CEIP Rosalia de Castro  e CEIP Carlos Casares, que levan participando nesta actividade dende a IV edición no ano 2014 .

Nesta viaxe asistiron acompañando á comitiva de escolares, os concelleiros da corporación local Carlos Gómez e Ricardo Sieiro, que foron recibidos polo presidente da Câmaraenxeñeiro Vasco Ferraz, o vicepresidente, enxeñeiro Paulo Barreiro de Sousa e outras autoridades, así coma representantes escolares.

Máis de 1500 alumnas e alumnos de Galicia e Portugal compartiron os seus vencellos máis ancestrais e identitarios: a Terra, o Río e a Lingua.

Comparte éste artículo
No hay comentarios