Este sábado, xa coa primeira vitoria no seu “casilleiro”, volve o Calvo Basket Xiria a xogar no Pavillón carballés Vila de Noia, a terceira xornada da Liga EBA 23/24, nesta ocasión contra o Universidad de Oviedo
Volve o Calvo Basket Xiria a xogar este sábado xornada de Liga EBA as 17h no Pavillón Vila de Noia, onde se medirá ao Universidad de Oviedo.
O Basket Xiria de Héctor Méndez, salvo imprevisto, contará con tódolos seus xogadores este sábado, para xogar o seu segundo partido coma local, contra un equipo ascendido nesta tempada, que ata certo punto é unha incógnita, a pesar de que leva os dous partidos disputados perdidos.
Trala vitoria da semana pasada e coa gran remontada final do equipo, a pesar de non facer un bo xogo colectivo, está moi ilusionado, con gañas e concentrado nos adestramentos, sabendo que neste mes queda por xogar contra tres rivais directos na loita pola permanencia na Liga EBA, xa disputado o encontro pasado contra Bosco Salesianos.
Os reforzos do equipo están encontrando o seu oco, pouco a pouco no equipo, xa que ás catro fichaxes, súmanse ás 8 renovación que o Calvo Basket Xiria levou a cabo nesta tempada, dando unha línea continuísta oa traballo de tempadas pasadas dende o Club. Esperan poder lograr este sábado unha nova vitoria, que faga afrontar este importante mes, e inicio de tempada, con confianza a nivel xogo e mellorar o xogo colectivo, coma tempada anteriores. Que foi o que fixo estar hoxe presentes na Liga EBA, logo dun descendo e ascenso seguido, para volver a unha competición de ámbito nacional.