O goberno da cidade aprobou hoxe a iluminación de Nadal para o presente curso, e os tres seguintes, por un valor de 9.467.585,80 €
A instalación e mantemento da próxima campaña de iluminación navideña de Vigo contará cunha cifra superior a 11,5 millones de luces leds repartidos por preto de 450 rúas iluminadas. Contará con máis de 6.000 estruturas decorativas; 3.708 arcos de luz; 56 elementos de gran tamaño e 2.318 árbores iluminados. Amais súmanse os conxuntos de elementos para ornamentación de mercados de abastos, paraugas en prazas, rotondas, cruces de rúas, pérgolas, elementos escultóricos, edificios municipais, e elementos de gran porte transitables.
A todos estes elementos, unirase o gran árbore de luces da Porta do Sol, que este ano conta cunha resolución mínima de 300 píxeles/m2. Como gran novidade, incrementará o tamaño da estrela de puntas situada no seu cumio, que alcanzará os 18 metros. Coa aprobación dun espectáculo de luz e son da árbore xigante de Nadal e a produción técnica con equipo de luz, son e pantalla xigante para os actos de acendido e apagado.
Como ocorreu na última edición, o acendido da iluminación será tódolos días ás 18:30 horas e o apagado, de domingo a mércores á 00:30h; de xoves a sábado e vésperas de festivos e festivos ás 02:00h e nas noites do 23, 24, 25, 30, 31 de decembro e nas noites do 1, 5 e 6 de xaneiro permanecerá acendido todas as noites ata ao amencer.
Programación de Nadal
A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén á programación de Nadal 2023-2024 que ten como obxectivo a creación de espazos temáticos de Nadal ambientados con iluminación decorativa, ornamentación, exposicións e actividades de ocio e comerciais, que constitúe un piar fundamental da celebración navideña de Vigo, coa que se quere reactivar a economía local, favorecer a cooperación entre o sector público e privado e as entidades sen ánimo de lucro. Ademais, procúrase impulsar un maior posicionamento da Marca Vigo reforzando a súa identidade corporativa e fomentar acontecementos que promovan a manifestación de valores culturais, sociais e de espazos para a convivencia lúdica e de recreación na tradición popular do Nadal entre a cidadanía.
Melloras na programación
Tendo en conta a experiencia das pasadas edicións e coa vontade de mellora continua, o Concello ten recollido suxestións e implementado algúns cambios para este Nadal 2023-2024:
- Redución do horario de funcionamento das atraccións recreativas
- Non prorrogar a instalación da montaña rusa.
- Non prorrogar a instalación da pista de xeo do expediente na Praza de Portugal
- Retirada das atraccións mecánicas recreativas máis ruidosas situadas na rúa Areal (entre rúa Colón e rúa Pontevedra) e na Praza de Compostela
- Redución do número de atraccións de alta capacidade
- Traslado do “Carrusel Veneciano”, situado na rúa Concepción Areal, liberando este espazo e reubicación deste na rúa Areal
- Instalación de novas atraccións recreativas e exposicións didácticas destinadas ao público infantil en detrimento das destinadas a uso familiar a fin de diminuír acontaminación acústica.
- Traslado das colas da nora xigante, recolócandose estas en paralelo aos xardíns de Eijo Garay, liberando espazo na rúa Colón.
- Limitación de empregar dispositivos e mecanismos emisores de ruídos (altofalantes, bucinas, etc…) nas atraccións.
- Potenciación de sistemas de información visual e/ou sonora que permiten adecuar o volume dos anuncios informativos aos niveis permitidos de emisión sónica para os avisos de inicio e fin das viaxes das atraccións recreativas.
- Supresión da música ambiente de rúas na contorna da rúa Areal, mantendo a instalación dos equipos para a emisión de anuncios informativos por motivos de seguridade.
- Baixada do volume da música ambiente en todas as rúas nas que se atopa instalada
- Redución do horario de funcionamento da música ambiente en todas as rúas na que se atopa instalada.
- Liberación de espazo na Praza de Compostela de casetas do mercadiño do Nadal a fin de facilitar a mobilidade na contorna da nora
- Supresión do escenario de concertos localizados na Praza de Compostela.
- Limitación do volume do fío musical do mercadiño no interior da Praza de Compostela e orientación dos equipos de son e música ambiente, dirixindo o son cara o centro da Praza de Compostela.
- Non autorizar a iluminación do arborado catalogado da Praza de Compostela, iluminando unicamente o resto do exemplares
Medidas complementarias
Para o correcto funcionamento do evento do Nadal, o Concello programa unha serie de medidas complementarias, entre as que destacan:
- Realización dun estudo do tráfico que conteña a reordenación do mesmo en superficie co obxecto de facilitar a fluidez e tránsito dos residentes das zonas afectadas e en particular as persoas de mobilidade reducida
- Realización dun estudo acústico co obxecto de garantir o cumprimento da normativa de ruídos, nas zonas de influencia da programación do Nadal.
- Reubicación de prazas para persoas con mobilidade reducida.
- Ampliar o espazo peonil, co obxecto de dotar dunha maior fluidez e evitando a concentración de público.
- Potenciar o uso do carril-bici para facilitar o desprazamento da cidadanía residente nas zonas mais afectadas.
- Reforzar o servizo de limpeza e reubicar os colectores das rúas de maior concentración, de persoas e ornamentación, cara a espazos secundarios.
- Reubicación ou retirada si procede, do mobiliario urbano afectado pola Programación do Nadal.
- Medidas de protección sobre as zonas verdes e arborado afectado.
- Mellorar a sinaléctica informativa.
- Reforzar o control policial, principalmente durante os días de gran afluencia.
Ornamentación con elementos figurativos lumínicos
Inclúe tres grandes propostas:
- Dez sets decorativos de Nadal con elementos vexetais e outros figurativos de estrutura de madeira, fibra de vidro, resina epoxi, con base enmoquetada, que se instalarán nas rúas Policarpo Sanz, Príncipe, Eduardo Iglesias, García Barbón e Barrio Histórico. Estarán en exposición permanente durante toda a campaña de Nadal.
- Cinco instalacións figurativas e decorativas lumínicas xeométricas transitables de gran porte en Policarpo Sanz, Gran Vía e García Barbón.
- Sete instalacións decorativas lumínicas non transitables de porte medio que se instalarán nas rúas Príncipe, Policarpo Sanz e García Barbón.
Belén Monumental na Casa das Artes
Terá unha superficie de 160 metros cadrados, cunha exposición fotográfica complementaria, guía didáctica e visitas guiadas.
Horario de visitas:
- De luns a xoves: de 17:00 h a 21:30 h.
- Venres: de 10:00 h a 14:00 h e de 17:00h a 21:30h
- Sábados, domingos e festivos: de 11:00h a 21:30h.
- Días especiais: 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro: de 12:00h a 21:00 h; días 25 de decembro, 1e 6 de xaneiro de 17,00 h a 21,30 h.
- Visitas guiadas: segunda semana de decembro de 10 h a 14 h, visitas guiadas de 30 minutos, dirixidas unicamente aos centros educativos, cun máximo de 30 persoas por quenda, previamente concertadas.
Megafonía de ambiente musical en zonas comerciais
Estas son as zonas:
- ZONA 1: Paseo de Alfonso, rúa Elduayen, Porta do Sol, Praza da Princesa, Praza da Constitución, rúa Triunfo, Praza da Pedra, rúa Príncipe, rúa Eduardo Iglesias, rúa Velázquez Moreno, rúa Carral, rúa Policarpo Sanz e rúa Colón.
- ZONA 2: rúa Camelias, rúa Pi y Margall, rúa López Mora e rúa Torrecedeira.
- ZONA 3: rúa Gran Vía e rúa Venezuela.
- ZONA 4: rúa Urzáiz, rúa Pizarro, rúa Condesa Casa Barcena e rúa Honduras.
- ZONA 5: rúa Areal, rúa Colón, rúa Rosalía de Castro e García Barbón.
- ZONA 6: (Navia) rúa Teixugueiras.
- ZONA 7: (Bouzas), Praza Urzáiz, Praza Suárez Llanos, Praza M. de Santos, rúa Paulino Freire, rúa Pescadores e rúa Eduardo Cabello.
- ZONA 8: (Teis) rúa Sanjurjo Badía, contorna mercado de Teis e rúa Pedro Alvarado.
- ZONA 9: (Castrelos): Avenida Alcalde Portanet e Avenida Castrelos
O horario da megafonía é o que segue: venres, sábados e vésperas de festivos de 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00h; os das restantes, domingos e festivos de 18:00 h a 20:30 h.
Mercados temáticos e atraccións recreativas
- Cíes Market – Mercadillo (Praza de Compostela): Contará con 90 casetas prefabricadas de venda ambulante de artesanía, produtos de Nadal e servizos de restauración e hostalaría, 10 carriños móbiles de venda de bocadillos de salchicha e lambetadas, pérgola de madeira, iluminación e decoración de Nadal da pérgola e novo proxecto de iluminación Alameda Acendida. Haberá máquinas de neve artificial e son que se instalarán na pérgola e máquinas de vending.
- Atraccións (rúa Concepción Areal, Xardíns Eijo Garay e rúa Areal- entre rúa Colón e rúa Pontevedra): Nora xigante, Baby volador cadenas, Tiovivo-carrusel, Jumping., Camas elásticas, Tren infantil, Espectáculo, Mini nora infantil, Caseta de xogos de destreza, Caseta de pesca de patos, Remolque/caseta de algodón doce e lambetadas.
- Exposicións (Xardíns González de Haz): Carpa de estrutura metálica desmontable de 20 x 90 m que albergará no seu interior a exposición de dinosaurios “Dinoworld”, tren turístico con percorrido pola zona centro da cidade e servizos hixiénicos para dar servizo a todo o ámbito
Os horarios serán os seguintes:
Laborables: Apertura ás 17:00 h, peche ás 22:30 h a excepción do 21 de decembro ao 16 de xaneiro (período vacacións de Nadal) peche ás 23:30 h
Venres, sábados e vésperas de festivo, apertura as 11:00 h, peche ás 00:30 h
Domingos e Festivos: Apertura ás 11:00 h, peche ás 00:00 h
Días 24 e 31 de decembro, apertura ás 11;00 h, peche ás 20:00 h e 5 de xaneiro apertura ás 11:00 H, peche ás 22:00 h.
- Mercado de Nadal do Calvario: Desenvolverase na contorna peonil da rúa Urzáiz e comprenderá 22 casetas prefabricadas de venda ambulante dedicadas á artesanía, produtos de Nadal e servizos de restauración con iluminación, decoración e ornamentación; 2 atraccións e actividades recreativas de animación infantil, programación de actividades de animación de rúa e servizos hixiénicos sanitarios, limpeza, mantemento e seguridade da zona. Os horarios de apertura e peche son os mesmos que o do Mercado da Praza da Alameda.
- Outros espazos e actividades: Carrusel clásico na Porta do Sol, Pista de xeo e de Kart no aparcamento de Samil, 2 trens turísticos que percorrerán o centro da cidade e a zona das Travesas e a pista de xeo na explanada do Náutico. Amais, apróbase o Circo de Nadal e actividade complementaria en Coia.
Novos espazos ao aire libre con atraccións e actividades recreativas
O Concello promoverá o procedemento administrativo mediante a oportuna licitación da licenza/autorización para diversos espazos abertos ao público con instalacións portátiles de atraccións recreativas de xogo e entretemento, preferiblemente de carácter innovador coa temática de Nadal.
- Espazos con atraccións recreativas de ocio infantil para público de idade igual ou inferior aos 12 años en Praza da Independencia, Praza do Progreso, Teis: Praza do mercado (Toural de Abaixo) e/ou rúa Irmáns Misioneiros e Bouzas: Praza de Eduardo Cabello e/ou Alameda Suárez Llanos.
- Espazos con atraccións e actividades recreativas de ocio familiar aptas para todos os públicos na Praza do Berbés e Navia: espazos interiores da rúa Teixugueiras e/ou Parque Nelson Mandela.
- Espazos con espectáculos, exposicións e actividades recreativas culturais e entretemento de ocio familiar preferiblemente dedicadas a exposicións temporais con coleccións de xogos familiares que estimulen o pensamento cognitivo e capacidade estratéxica, biosaudables, realidade virtual; actividades propias de inverno (pista de patinaxe sobre xeo, esquí, neve artificial, etc); sen contido espacial con atraccións recreativas eléctricas, mecánicas ou pneumáticas ou un combinado destas, e con actividade complementaria de restauración e venda ocasional de churros-chocolatería, bebidas, lambetadas e produtos secos en casetas de madeira, na pista polideportiva da Praza Mestre Prudencio Rodríguez (Torreiro das Festas de Coia).
Outras actividades de dinamización do Nadal
- O acto de acendido (previsto na segunda quincena de novembro), o acto de apagado das luces (previsto na primeira quincena de xaneiro de 2024)
- Caseta de Papá Noel e do Carteiro Real, con horario de 17:00 a 21:00 h, e, a maiores, os sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 h.
- Visitas de Papá Noel e Carteiro Real ás zonas comerciais
- Actividades de animación de rúa en zonas comerciais con actuacións de pequeno formato, pasacalles, bandas de gaitas, animacións infantís, eventos gastronómicos…
- Actividades de dinamización na zona centro da cidade: Porta do Sol, Concatedral de Santa María, rúa Policarpo Sanz, rúa Colón, Casa Galega da Cultura e contorna destes espazos