‘Volta na Rúa’, un espectáculo circense ao aire libre, chega a Vigo cargado de acrobacias, comedia, teatro… e moito máis

ACTUALIZACIÓN:

El evento se aplaza al día Domingo 6 de Abril a las 16:00, y lo haremos en el Festival Picnic Sesions, ubicado en Baixada á Praia 83, Saiáns (Vigo). Donde también estaremos con nuestra banda de rock Chungo Pastel, y vendiendo nuestro arte en el mercado artesanal del propio Festival. Allí venderemos joyas hechas a mano por nuestros joyeros de Joyas Total, láminas y esculturas hechas por nuestros diseñadores gráficos Diseñatas, y libros educativos infantiles de Memi una Gota de Aire.

O mundo do circo e a arte daranse cita en Vigo o vindeiro sábado 22 de marzo ás 12:00 h, cun espectáculo único que promete repartir sorpresas, gargalladas e moita emoción a todxs xs asistentxs. Fronte ao Mercado do Calvario, o talento das compañías Vuelta y Media e Down Clown, pertencentes á Fundación Igual Arte, encherá o espazo de risas, acrobacias, música e teatro nun evento gratuito e ao aire libre.

A xornada será un festival de emocións, onde o público poderá gozar dunha combinación única de disciplinas artísticas. Vuelta y Media, coa súa impresionante fusión de acrobacias, malabares, música, circo e comedia, ofrecerá un espectáculo dinámico e vibrante. Mentres tanto, Down Clown despregará o seu inconfundible humor cunha posta en escena cargada de creatividade, monólogos e xestos teatrais que aseguran risas e emoción para grandes e pequenxs.

Este evento non só será unha oportunidade para gozar dun espectáculo único, senón tamén para coñecer o traballo que realiza a Fundación Igual Arte, unha fundación dedicada a fomentar a arte entre persoas con diversidade funcional. Cada día, demostran como a expresión artística é unha ferramenta poderosa para a inclusión, a comunicación e a conexión entre persoas.

A cita é ideal para familias, amigxs e amantes da cultura que queiran deixarse sorprender por un espectáculo que combina talento, creatividade e inclusión. O acceso é completamente gratuito, e as risas están garantidas.

Non te perdas esta oportunidade de gozar dun evento diferente, cheo de enerxía e moitas, moitas risas. Esperámoste o sábado 22 de marzo ás 12:00 h fronte ao Mercado do Calvario en Vigo. Volta na Rúa, non faltes!

Información adicional – En caso de chuvias o fortes ventos, anunciaráse o aprazo do evento polas noso Instagram @fundacionigualarte.

A Fundación Igual Arte é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 2002 co obxectivo de brindar un espazo onde as persoas con diversidade funcional poidan expresarse de forma artística. O seu traballo céntrase na idea de que a arte é un dereito que nos pertence a todos e todas, e reivindica unha sociedade que proporcione as mesmas oportunidades de lecer, relación e formación a todas as persoas que a forman, avanzando con iso cara a unha sociedade máis plural e con menos prexuízos.

Vinculada á Fundación, as compañías de Vuelta y Media e Down Clown, pertencen ás disciplinas impartidas no Centro Ocupacional da propia Fundación, no que persoas con diversidade funcional fórmanse e profesionalízanse no ámbito artístico, neste caso en acrobacias, comedia e teatro, cunha finalidade laboral.

Comparte éste artículo
No hay comentarios