O BNG esixe á Xunta que tome medidas ante o aumento das agresións ás mulleres en Sarria

por Redacción Lugo

Carme Aira reclama ao Goberno galego que se poña a traballar para restaurar o CIM de Sarria ante o incremento de agresións a mulleres nesta localidade

Lugo, 16 de outubro de 2022.- O BNG presenta unha serie de iniciativa no Parlamento galego para que se tomen medidas ante o incremento das agresións na localidade de Sarria. «O CIM de Sarria non conta co persoal para atender estas agresións» sinalou Carme Aira

Aira recordou nunha pregunta parlamentaria que nin o goberno da Xunta nin o Concello de Sarria están a poñerse de acordo para cubrir un servizo básico, deixando a máis de 10.000 mulleres sen posibilidades de acudir a busca de asesoramento e axuda, o cal atenta contra o principio de igualdade de oportunidades máxime cando nos últimos 2 anos se produciron 4 agresións sexuais coñecidas, sendo a última delas grupal. » Actualmente das 48 ordes de afastamento que hai no sul da provincia de Lugo 30 están en Sarria, tendo pendentes de rematar os trámites outras 5″. enumerou

«Podemos asegurar que sendo un servizo imprescindible, no rural pode selo moito máis»afirma Carme Aira. As circunstancias de necesidade e maltrato son moito máis opacas que nos ámbitos urbanos xa que esta sociedade está moi masculinizada, máis illada e nela permanecen máis arraigadas aínda condutas de índole machista mentres, as redes de sororidade entre as mulleres son máis escasas, tamén se incrementan as dificultades para escapar ao control machista polo que unha relativa proximidade dos recursos ten un valor en si mesmo.
Non é o momento de que a Xunta mire para outro lado e traslade a responsabilidade aos concellos, debe buscar un alternativa inmediata para dotar ao CIM de Sarria da súa maior capacidade e para isto deberá dotalo de persoal sen esperar a que se resolva o asunto xudicial, «porque é vital para as mulleres que sofren calquera tipo de violencia «, concluíu

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario