Hai prazas limitadas e o prazo para anotarse acaba este mércores
O Concello de Touro acollerá o día 21 de outubro unhas xornadas micolóxicas que se completarán cun showcooking de productos de outono. En ambas actividades hai prazas limitadas polo que é preciso anotarse previamente. O prazo para facelo xa está aberto e rematará este mércores día 18.
Por un lado, a xornada micolóxica terá a seguinte programación:
● 9:45 horas. Encontro ao lado da igrexa (Fonte Díaz).
● 10:00 a 13:30 horas. Saída ao monte (Roteiro).
● 17:00 a 18:30 horas. Exposición e explicación de especies colleitadas.
● 18:30 horas. Charla Algúns cogumelos bos comestibles. O prezo é de 5 euros. Hai 40 prazas polo que é necesario inscribirse no departamento de Cultura ou no teléfono 981 504 029. O prazo para anotarse será do 5 ao 18 de outubro.
Por outra banda, o showcooking de produtos de outono con degustación será de 20 a 21 horas a cargo de José Carlos Gómez, xefe de cociña do Pazo de Toubes e veciño de Touro.

O prezo é de 3 euros. Hai 35 prazas polo que é necesario anotarse tamén no departamento de Cultura ou no teléfono 981 504 029.