Lage Tuñas: «Emerxe o liderado de José Ramón Gómez Besteiro fronte o proxecto esgotado da Xunta de Galicia»

por Redacción Galicia

José Ramón Gómez Besteiro único candidato ás primarias do PSdeG, por conseguinte, candidato á Presidencia da Xunta nas vindeiras eleccións autonómicas. Gómez Besteiro medirase nas urnas con Alfonso Rueda e Ana Pontón para acadar a presidencia da Xunta de Galicia. O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, asomouse á «Ventana da Galicia» da cadena SER, onde foi entrevistado. Lage Tuñas falou de ilusión do proxecto, que pode levar a Presidencia ao candidato do PSdeG.

¿Está satisfeito  por como se resolveu o proceso de escoller o candidato?

É un proceso exemplar onde se lle dou  a voz á militancia do Partido Socialista, expresou maioritariamente o  respaldo á candidatura do compañeiro Ramón Besteiro.  Creo que é fundamental lanzar un proxecto político para Galicia,  que sexa ilusionante, esperanzador e desde logo, que lle demos resposta a esa maioría social progresista que está agardando unha alternativa, dado que temos un Goberno Galego que está completamente esgotado nun fin de ciclo, sin ideas e dende logo, sin atender á maioría das preocupacións que temos os galegos e galegas.

¿O Sr. Gómez Besteiro é o mellor candidato para acadar a Presidencia de Xunta?

Sen dúbida ningunha reúnense dúas circunstancias. Unha; é o compañeiro que decidiron os militantes e as militantes do PSdeG, porque para iso hai un proceso  e unhas normas, pero sobre todo, é unha persoa con cualidades e capacidade para poder ostentar a Presidencia de Xunta e darlle esperanza  a un país como o noso. A Galicia, non soamente hai que entendela, hai que entendela e querela. José Ramón Gómez Besteiro reúne condicións, competencias profesionais, ilusión para poder ofrecer unha alternativa creíble para galegos e galegas, que conleve maioría social a este país. Nas eleccións municipais os votantes apostaron moi maioritariamente polo centro esquerda, como tamén nas eleccións xerais.

Nas eleccións autonómicas queremos dar un paso adiante, creo que o Partido Socialista está máis forte do que estaba, temos magníficos xestores, grandes recursos en xestión pública, un Secretario Xeral que é un exemplo e  temos un candidato á Xunta de Galicia, que é a esperanza de moitos e moitas galegas para cambiar a un Goberno Galego, que está esgotado, nun fin de ciclo, vemos á dereita  que non ten respostas para Galicia.

Quedan poucos meses, non sabemos cantos exactamente para cita coas urnas. ¿Terá tempo dabondo o señor Besteiro, tamén o Partido Socialista para expoñer o seu  proxecto?

O Partido Socialista está preparado para calquera convocatoria electoral. O que vemos é un Partido Popular no que  o  señor Rueda  leva mareando a perdiz meses e meses, especulando coa data  para as eleccións. Alfonso  Rueda é un  presidente de prestado,  está pendente permanentemente de cales son as indicacións que lle chegan de Ayuso ou de Feijóo. En calquera caso, o que se ve do Goberno Galego,  é que está dedicado a facer anuncios publicitarios, en vez de resolver os graves problemas que ten Galicia, como son os servizos públicos, buscar alternativas á industria para resolver o futuro dos nosos fillos e fillas, a Sanidade, Educación, investigación e un longo etc. En definitiva, o Partido Socialista ten unha grande experiencia de xestión, de goberno para resolver os problemas da xente. O que precisa Galicia é una resposta fronte a dereita, unha resposta desde a esquerda, que pense na  maioría social do noso País. Co máximo respeto ás forzas políticas, creo que é fundamental que o Partido Socialista encabece este proxecto.

Para rematar, ¿como ve esa compatibilización do señor Besteiro, no seu  cargo no Congreso e candidato xa en Galicia?

Hoxe é o día de poñer en valor a decisión dos militantes socialistas, creo que está no ADN do Partido Socialista, que a militancia aposte  polos candidatos e candidatas que se elixen a través dos órganos correspondentes, e Gómez Besteiro  é o candidato dos socialistas galegos. Iremos vendo os tempos, cando é a convocatoria electoral. Creo que é fundamental amosar aos galegos que hai un proxecto  crible, ilusionar para cambiar as políticas da dereita, que non temos que resignarnos fronte o Partido Popular cun proxecto esgotado na Xunta de Galicia,  o que emerxe é o liderado de José Ramón Gómez Besteiro, que un liderado natural, empático, que é sociable e sobre todo, que arredor do Partido Socialista  construirá un proceso de futuro para este País.

Comparte éste artículo
2 Comments