«Pulpada» socialista en Lugo

por Redacción Lugo

Máis de 300 persoas reuníronse este sábado para celebrar a tradición de comer o polbo nas casetas do San Froilán, nun encontro organizado pola agrupación dos socialistas da provincia de Lugo.

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu o multitudinario encontro, que contou coa presenza do candidato do partido á Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, o Secretario Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, a Secretaria de Organización provincial, Pilar García Porto, o Secretario de Acción Electoral do PSOE, Javier Izquierdo, deputados e deputadas provinciais e autonómicos, o Senador César Mogo, e alcaldes e alcaldesas, e portavoces municipais de toda a provincia.

Comparte éste artículo
1 Comment