Tralas declaracións do Presidente da Confederación Hidrográfica recoñecendo que as cuestións a corrixir do Plan Xeral son “problemas técnicos solventables e que non piden esixencias novas” e á vista de que pedimos xunta de voceiros monográfica sobre este asunto e non contestaron.
- Dende o primeiro momento interpretamos que “as cuestións técnicas a subsanar podían resolverse con traballo e con vontade política” coindindo coa interpretación do Pte da Confederación de que “ao tratarse de pequenos desaxustes encauzables, xa coñecidos dende o ano 2019, era posible axilizar as correcións”
- Por este motivo pedimos, dende o momento que se deu a coñecer que a Confederación paralizaba a tramitación do Plan Xeral, diálogo coa CHMS presidida por un cargo do PSOE, así como tamén co equipo redactor e solicitamos unha xuntanza de voceiros obtendo, de momento, a calada por resposta
- Aprobar o Plan Xeral é posible e o Partido Popular traballou e traballa a favor de zanxar esta tramitación tendendo a man ao goberno local xa que “impulsar este documento é vital para o desenvolvemento do municipio” manifestando que “non estamos ao fronte de ningunha dificultade inabarcable, son cuestións técnicas e así llo queremos facer saber á cidadanía”
- É prioritaro ter o Plan Xeral aprobado para empezar a traballar na súa mellora e actualización adaptadoo a nova realidade do municipio co obxecto de captar investimentos, facilitar o impulso de novos proxectos empresariais e de vida así como a planificación ordenada do territorio