O BNG de Outeiro de Rei preguntase porque o Sr. Alcalde denega, por sétima vez, o acceso da oposición a elementos patrimoniais do Concello

 Os concelleiros do Bloque Nacionalista Galego de Outeiro de Rei solicitaron formalmente en varias ocasións ao Sr. Alcalde poder visitar as instalacións onde se atopan a antiga fonte que estaba na praza do concello e máis a porta medieval que se atopaba na vila de Outeiro e foi derribada durante as obras de construción do centro de día en 2023.

«Esta política autoritaria e absolutista que mantén o Sr. Alcalde coñecémola moi ben no concello de Outeiro de Rei» afirma Vieito

Por parte do BNG de Outeiro fíxose a petición de acceso a estes elementos patrimoniais sete veces, estes impedimentos dannos a pensar que se esta ocultando algo e non permiten que a oposición faga o noso traballo.

O concelleiro nacionalista preguntase: «Será que estes bens están xa totalmente deteriorados ou incluso será que xa desapareceron ou están en lugares onde non deberían? Estas preguntas resolveríanse se tiveramos acceso a eles»

Miguel Vieito lamenta esta situación que, por outra parte, «non é nova, xa que se repite dende hai meses» e, incluso o Sr, Alcalde «negouse a colaborar como se debe» coa Valedora do Pobo ante a petición de amparo presentada polos nacionalistas sobre o veto de acceso a informacións públicas.

«Non hai dúbidas de que teñen moitas cousas que ocultar xa que, do contrario, non terían ningún problema en facilitar toda a información e accesos que lles solicitamos dende o Grupo Municipal do BNG e tamén a Valedora do Pobo», sentenciou.

Comparte éste artículo
No hay comentarios