O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe no acto convocado por Adace Lugo con motivo do Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido, que se desenvolveu na praza Maior da cidade
Nesta xornada, Arias salientou que a Xunta presentará en novembro o Proceso asistencial integrado (PAI) de dano cerebral adquirido, deseñado polas Consellerías de Sanidade e de Política Social e Xuventude para unificar criterios á hora de atender ás persoas que padecen esta lesión, unhas 35.000 en toda Galicia.