Deputación da Coruña e USC asinaron un convenio para a valorización do Patrimonio Natural da Serra do Careón

por Redacción A Coruña

A entidade provincial financiará o proxecto con 50.000

O deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, asinaron un convenio de colaboración entre ambas institucións para a posta en valor do patrimonio natural da Serra do Careón. A Deputación da Coruña achegará 50.000€ para o proxecto.

Este orzamento destinarase a mellorar as condicións do entorno da Serra do Careón para a súa promoción e conservación. «A protección do noso patrimonio e biodiversidade é unha prioridade» afirma Penas, «por iso queremos contribuir ao coidado dun dos espazos protexidos de maior singularidade edáfica e botánica da provincia».

Concretamente, neste proxecto, denominado  «Posta en valor do patrimonio natural da Serra do Careón», o departamento de Botánica da USC a través do Grupo de Investigación «Análise e Conservación da Biodiversidade» tratará de sentar as bases para valorizar o espazo entre a cidadanía, e cimentar nun coñecemento actualizado e multidisciplinar unha proposta de plan de conservación.

«Dende a Deputación somos conscientes da importancia da labor que a USC desenvolve, sobre todo na análise e conservación do patrimionio natural e a biodiversidade e na mellora do medioambiente» explica o deputado. «E a sinatura deste convenio así o demostra», engade.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario