Iago Carril, secretario xeral: «Onde o goberno socialista decretou a gratuidade mentres crecía a inflación, o novo goberno nacionalista triplica os prezos que aprobara no verán o goberno»
XSG Compostela denuncia que o goberno nacionalista de Santiago triplica os prezos da conciliación escolar para as familias santiaguesas. «Alí onde o antigo concelleiro de educación deixou un prezo cunha subvención do 85% para os programas de conciliación dos CEIP e das Escolas Infantís, o BNG decidiu tomar a súa primeira medida con cuño propio en educación: Triplicarlle os prezos ás familias».
Servizos educativos a cen euros por neno onde o PSdeG ofrecía a gratuidade
Jimena Sierra destaca que «o BNG fixo bandeira durante a pasada lexislatura de ser os máximos defensores da accesibilidade dos servizos públicos». O certo e que acaba de aprobar na Xunta de Goberno Local os prezos para a inscrición, e as familias compostelás terán que pagar 99 euros por cada neno, cando nos derradeiros nadais estes programas foron gratuítos para aliviar os efectos da inflación para as familias da cidade.
O goberno socialista levara adiante unha revisión xeral dos prezos dos programas educativos de conciliación, que antes só tiñan deducións por familia numerosa ou para as familias moi vulnerables: O Espazo María Miramontes planificouse como un servizo gratuíto, e os programas de conciliación que se realizan nas escolas infantís e CEIP, aprobáronse con subvencións do 85%, o que implicaba que por dúas semanas de servizo unha familia pagaba 34 euros por neno con tódolos servizos, agora o BNG propón que teñen que ser 99.
Estas reducións foron acompañadas de aumentos de prazas, «nunca tantas familias tiveran acceso aos programas de educación a prezos tan reducidos» coma co anterior goberno socialista.
O BNG expulsa ás familias con baixas rendas dos servizos educativos
O BNG prometeu aumentar prazas e baixar prezos cando estaba na oposición, para triplicalos nada máis chegar ao goberno. Foron moi críticos coa xestión do anterior goberno, pero lonxe sequera de igualar os méritos do goberno anterior, facilitando o acceso aos servizos, abrindo servizos novos como a Ludoteca e aumentando prazas, o que aproban nada máis chegar ao goberno e que as familias con baixos recursos xa non son benvidas nos servizos municipais.