Lage Tuñas acusa ao PP “importar a crispación” de Madrid ao romper o consenso na Fegamp

por Redacción Galicia

O secretario de organización do PSdeG amosa a «satisfacción» porque o socialista Alberto Varela siga liderando a institución dos concellos de Galicia

O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, acusou hoxe ao PP de “importar a crispación” de Madrid ao romper o consenso para ir cunha lista única á asemblea da Fegamp e entende que isto amosa o que se poñen “moi nerviosos” cando ven a Besteiro, ante a proximidade das eleccións autonómicas.

Lage Tuñas ofreceu declaracións aos medios no transcurso da celebración da asemblea da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a cal había un acordo entre PSdeG, BNG e PP para presentar unha lista única coa que o alcalde de Vilagarcía, o socialista Alberto Varela, continuase no posto de presidente. Sen embargo, o PP desmarcouse a última hora deste acordo presentando unha lista propia.

O dirixente socialista considera que o PP se escude unha visita do candidato do PSdeG á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, para romper este consenso é unha “escusa moi pobre e peregrina”. Lembra que sempre se acordan listas únicas, polo que entende que “esta forma de actuar rompe unha tradición de entendemento no ámbito da Fegamp e cremos que non é nin máis nin menos que unha mostra máis de nerviosismo do PP, do nerviosos que se poñen cando ven a Besteiro”, alegou.

Lage lamentou que “o PP estea importando a crispación do espazo madrileño se adique a romper o que é un diálogo constante na Fegamp” e que , a pesar de que  “Besteiro pon bastantes nerviosos aos dirixentes do PP e a cercanía das eleccións autonómicas”, os populares non deberían “romper a institucionalidade”. Denuncia que “coa maneira que teñen de actuar o que demostran é que non lles importa para nada os concellos galegos, nin os debates da asemblea da Fegamp”.

Así mesmo, remarca que o PP estaría indo en contra do que elixiron os galegos e as galegas nas urnas, que foi que os socialistas liderasen os concellos de Galicia, polo que  “o lóxico sería seguir  facendo listas por acordo e por consenso” e “non romper a tradición de entendemento”.

“Onde non goberna rompen a institución e non facilitan ningún tipo de entendemento”, engadiu o socialista, quen remarca que os populares están dando “un salto importante”, coa ruptura do consenso político no ámbito local. “Non virán dicindo que son a lista máis votada, xa que aquí onde o PSdeG é a lista máis votada tamén rompen o consenso e o diálogo”, engadiu Lage. A pesar do desmarque do acordo por parte do PP, todo apunta a que o socialista Alberto Varela revalidará o seu posto como presidente da Fegamp, algo que os socialistas celebran e están “satisfeitos porque unha vez máis imos liderar os concellos de Galicia, gobernamos a máis da metade da poboación, máis de 100 alcaldías e dúas deputacións”, reivindicou Lage.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario