Xuventudes Socialistas critica que “o PP use os impostos dos galegos na xente de fóra e non na mocidade do país”

por Redacción Galicia

A organización denunciou este xoves a decisión de ampliar o bono de 200 euros do Xacobeo Xove á xuventude de fóra de Galicia, tildándoa como “a última oferta de Black Friday da Xunta de Galicia”

As Xuventudes Socialistas de Galicia denunciou este xoves a decisión de ampliar o bono de 200 euros do Xacobeo Xove á xuventude de fóra de Galicia, tildándoa como “a última oferta de Black Friday da Xunta de Galicia”.

Na entrada do Camiño de Santiago, a organización xuvenil, acompañada da Vicevoceira do Grupo Parlamentario, Begoña Pérez Rumbo, cuestionaba abraida que “o PP non queira subvencionar libros de texto gratuitos, pero si as viaxes da xente que non é de Galicia”.

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, considerou que “resulta hipócrita que o PP expulse de Galicia á mocidade do país, mentres invita a vir a gastos pagos á que non é galega”. “É  irónico que o único xeito que temos para ser receptores de políticas sociais en Galicia sexa non sendo galegos”

O líder mozo cuestionou a “dobre vara de medir de Rueda coa progresividade fiscal”. “Non queremos matriculas gratuitas, pero si pagarlle o Camiño a xente de fóra; non queremos que a mocidade de 21 a 31 anos teña descontos na Tarxeta Xente Nova, pero sí pagarlle o Camiño a xente de fóra”.  “Menos na mocidade galega, os nosos impostos úsanse para calquera cousa”

Begoña Pérez Rumbo, vicevoceira do Grupo Parlamentario, afirmou que “a Xunta de Galicia ten que pensar na mocidade galega reforzando políticas de vivenda, de traballo digno, de conciliación e de servizos públicos”.

A socialista adiantou que o Grupo Parlamentario xa rexistrou unha serie de preguntas ao respecto onde se cuestiona se “a medida afectará negativamente aos galegos, e de facelo, para evitalo se se incrementaría a partida para cubrir toda a demanda” entre outras cousas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario