O PP de Becerreá amosa o seu total apoio á plataforma pro residencia ao ser un servizo fundamental para a comarca

José Fernández Carrete e membros do PP de Becerreá mantiveron unha reunión de traballo con membros da plataforma para escoitar as súas reivindicacións ás que consideran totalmente xustas e necesarias

  • Fernández Carrete destaca que non «queremos confrontar coa Deputación nin entrar en liortas estériles xa que, ao igual que toda a sociedade, demandamos a apertura da residencia»
  • Dende o PP de Becerreá ven fundamental que o goberno provincial confirme o seu compromiso coa apertura deste servizo dando prazos concretos e habilitando as partidas orzamentarias precisas para dotar de equipamento a cociña e da propia residencia
Comparte éste artículo
No hay comentarios