Rubén Arroxo anuncia un novo plan integral do tráfico para protexer as zonas peonís

por Redacción Lugo

O plan aplícase nas rúas Camiño Real, Quiroga Ballesteros e Isaac Díaz Pardo coa instalación de bolardos

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou da instalación de bolardos en tres puntos da cidade coa finalidade de limitir o excesivo paso de vehículos que circulan sen xustificación por espazos peonís. Concretamente, o novo plan de regulación aplícase na rúa do Camiño Real, no acceso á rúa Quiroga Ballesteros desde a rúa Bolaño Rivadeneira e no acceso á rúa Isaac Díaz Pardo desde a rúa Recatelo.

Nalgúns casos, explicou Rubén Arroxo, o acordo da colocación dos bolardos chegou case de xeito inmediato durante as conversas mantidas coas asociacións veciñais dos barrios. «As veciñas e os veciños piden regular o tráfico nas zonas peonís para frear o tránsito continuado de vehículos que interrompen a vida a pé nos espazos dispostos precisamente para iso». Ademais, o Tenente Alcalde ve tamén necesario «protexer os pavimentos das rúas peonalizadas, xa que se trata de materiais máis nobles que non están pensados para unha carga de peso tan grande e continua».

Ante a necesidade de limitar este tránsito non autorizado para circular nas zonas habilitadas para o uso peonil, procedeuse á instalación de bolardos desmontables con chave para posibilitar o paso de vehículos de emerxencia e autorizados. O Tenente Alcalde insistiu na intención de «protexer o patrimonio de Lugo e tamén ofrecer seguridade a todas as persoas que empregan día a día estas rúas peonís para desprazarse pola cidade».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario