Candia invita á cidadanía a seguir o día a día da actividade do Grupo Popular a través da lista de difusión dándose de ALTA no 618 626 902
· Na portada do nº2 de Contigo Lugo o PP felicita aos lucenses o Nadal cunha imaxe grupal ao pé dunha árbore navideña feita con 54 caixas de agasallos que representan as parroquias do municipio que coroa a estrela que representa a cidade
· En Contigo Lugo ademáis de recompilar algunas das accións do Grupo Popular das últimas semanas, hai artigos monográficos de proxectos como a construción da nova comisaría da policía nacional un asunto que o Partido Popular colocou no centro do debate conseguindo que técnicos do Ministerio do Interior avaliasen as 3 opcións para ubicar esta dotación
· Outra das planas do boletín está adicada ao «Pasado, Presente e Futuro do barrio de A Residencia» xa que supón un exemplo perfecto de como un barrio pode reinventarse e no que se destaca o compromiso e esforzó inversor da Xunta de Galicia
· Neste caso dende o PP se busca dar participación á veciñanza coa iniciativa dunha exposición fotográfica que se está preparando coas achegas da veciñanza para construir un gran mural de lembranzas da zona.
· A aprobación do 5% do Plan Xeral foi outra das novas máis agardadas pola veciñanza da zona rural. Dende o Partido Popular agradecen á Xunta a actitude colaboradora e o desbloqueo deste documento que explicaron de parroquia en parroquia no mes de novembro.
· A contraportada é unha chamada de atención pola improvisación coas que se están facendo as obras do centro e as consecuencias que está a ocasionar aos residentes e pequeño comercio nesta campaña do Nadal.
· A maiores hai seccións fixas «Estivemos contigo» ou outra na que se detallan iniciativas presentandas a pleno e comisións.