O vicevoceiro popular Enrique Rozas resumía as iniciativas que se presentan como un exemplo de política útil: «falamos de cuestións que están na rúa, de asuntos que preocupan á veciñanza e que buscan mellorar o funcionamento de diferentes servizos municipais»
PREGUNTAS SOBRE …
- A situación na que está o AUDITORIO DE MAGOI cando se cumpren 3 ANOS E MEDIO dende que o Concello de Lugo é o seu propietario.
Queremos que o goberno local clarifique se DISPÓN DO CERTIFICADO FINAL DE OBRA asinado polo técnico titulado competente que acredite a conclusión dos traballos conforme ao proxecto de execución?.
- Cales son os planes do goberno local con respecto ao CARRIL BICI? CONTEMPLA o PSOE e o BNG facer MODIFICACIÓN NESTA INFRAESTRUTURA?
Hai que lembrar que o CARRIL BICI eliminou centos de prazas de aparcamento en diferentes barrios da cidade sen dar alternativas aos afectados.
Pasou un ano e cinco meses dende que se inaugurou, unha marxe de tempo suficiente para que o goberno local se pronuncie sobre se ten ten previsto cambiar o seu trazado e se vai a impulsar unha ordenanza para o seu uso.
- Tras coñecerse o INFORME DO COMITÉ CIENTÍFICO da UNESCO que SE OPÓN AO PROXECTO que defende o goberno local para a ZONA DE BAÑO PÚBLICO NO RÍO MIÑO
O PP pide a PSOE e BNG que se pronuncien sobre este documento e que aclaren a previsión que teñen para crear a praia fluvial do Miño.
Tememos que esteamos OUTRO VERÁN MÁIS SEN PRAIA FLUVIAL pola falta de xestión de socialistas e nacionalistas.
- Outro asunto enquistado polo déficit de traballo do goberno local é o do impulso do novo CENTRO DE SAUDE DO SAGRADO CORAZÓN.
Dende o ano 2021 o Concello ten sen resolver a petición da Xunta para que poña a súa disposición unha parcela viable para poder facer esta dotación.
Por este motivo queremos que nos aclaren: se está finalizado o acordo de permuta entre o Concello e Abanca?; De ser así, en que fecha se asinou e en que consiste o acordo?; De no ser así, en que fecha se estima que estará asinado?; Está prevista a parte que se vai a ceder á Xunta para o centro de Saúde do Sagrado Corazón? Cando se prevé que será efectiva esa cesión? e, por último, e os terreos do antigo Colexio do Sagrado Corazón xa son titularidade do Concello, Que se prevé facer coas pistas deportivas? Ten previsto o Goberno local abrilas en datas próximas para o uso dos veciños? Estudouse a posibilidade de abrir eses terreos para favorecer a accesibilidade dos edificios lindeiros afectados polas barreiras arquitectónicas do propio Concello?
ROGOS PARA …
- Solicitamos que sean gratuita a expedición dos CERTIFICADOS ACREDITATIVOS DA PERCEPCIÓN DE PRESTACIÓNS SOCIAIS que se tramitan no Concello, documentación necesaria para persoas vulnerables perceptores de rentas ou prestacións sociais.
Ademáis da gratuidad é precisa unha xestión eficaz para axilizar a entrega destes certificados no menor tempo posible.
- A creación dun CONSELLO MUNICIPAL DO MAIOR E DUNHA OFICINA para dar voz á poboación lucense maior de 64 que, nestes momentos, supón un 30% das persoas que residen no municipio.
Esta é unha demanda que vén reiterando dende hai tempo a Asociación de Xubilados e Pensionistas.
- Que se leve a cabo a REPARACIÓN DA PISTA que comunica co lugar de Segade xa que presenta un estado lamentable con fochancas de gran tamaño que supoñen un RISCO PARA A SEGURIDADE VIAL
- Por último para MELLORAR A PUBLICIDADE E A DIFUSIÓN DE EVENTOS CULTURAIS propoñemos unha batería de medidas:
- Usar activamente as Redes Sociais e a publicidade; establecer
- Establecer alianzas con axencias locais
- Organizar eventos interactivos
- Promover concursos de ideas para involucrar á comunidade e mellorar o consumo cultural, etc